Sunday 12 de May de 2024

Membros do equipo de goberno de Ribeira reúnense con Portos de Galicia


O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, mantiveron hoxe unha reunión co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez; na que abordaron o estado das infraestruturas dos Portos de Ribeira, Palmeira, Castiñeiras, Corrubedo e Aguiño.

No encontro, os membros do Goberno municipal presentáronlle ao ente público un documento coa relación de elementos a reparar e propostas de mellora nos distintos portos do Concello.

No relativo ao Porto de Ribeira abordáronse a limpeza, os posibles usos para a antiga lonxa, as tomas de elctricidade para os barcos, a necesidade de fechaduras para o acceso aos pantaláns e o incremento de elementos de seguranza como as cámaras de videovixilanca; e a actual ocupación do espazo dedicado para averías.

No Porto de Aguiño, o concelleiro do Mar expuso a necesidade de arreglar o teito da nave das redeiras, os postes da luz, e o pintado para aparcamentos e para a delimitación de acceso á rampa. “En Castiñeiras, tamén é preciso arranxar as fendas na rampla de atraque,
moi deteriorada polo mar e a climatoloxía” expuso Abraldes.

Por último, no porto de Corrubedo, é preciso “cambiar argolas da rampla por estaren moi deterioradas e dotar dunha boa iluminación o porto” destacou Luís Pérez.

Ante a sinalización instalada recentemente, “tamén solicitamos que se permita pescar en tódolos portos por ser unha actividade que non afecta aos usos portuarios” afirmou Barral.
Pola súa parte, o presidente de Portos de Galicia amosou boa disposición ante as demandas formuladas para adoptar medidas que permitan solucionar os problemas existentes e permitan dar un bo servizo a todo o sector pesqueiro e á veciñanza do Concello de Ribeira.